Varela recolle 150 accións en 365 días de mandato en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, convocou esta venres aos medios para facer un balance do seu primeiro ano ao fronte do consistorio arousá. 

     

    O pasado 13 de maio cumpriuse o primeiro ano de mandato de Alberto Varela a fronte do concello de Vilagarcía. Facer unha valoración destes 365 días foi o motivo polo cal o rexedor convocou aos medios este venres. 

    Un total de 150 medidas que se impulsaron en diferentes áreas; Benestar Social, Cultura e Xuventude, Facenda, Deportes e Urbanismo, entre outras. Moitas accións feitas… pero aínda quedan outras tantas por realizar, xa que segundo o alcalde, este é un proxecto que dura catro anos. 

    A voceira do goberno municipal, Tania García tamén quixo agradecer a dous partidos a súa oposición responsable, e tamén pedir a o outro partido que deixe de facer unha oposición destrutiva.

    Un balance do primeiro ano de goberno, no que Alberto Varela asegura que o consistorio, é un pouco máis accesible aos cidadáns. 

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/17/balance_primeiro_ano_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/17/balance_primeiro_ano_villa.mp4{/flowplayer}