A CIG pide a nulidade do último ERE de Maderas del Atlántico

    maderas_atlantico100_200410.jpgVILAGARCIA> A CIG vén de presentar un recurso ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais no que pide a nulidade do último ERE de Maderas del Atlántico.

    {flowplayer}images/salnes/maderas_atlantico_200410.flv{/flowplayer}

    VILAGARCIA> A CIG vén de presentar un recurso ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais no de a nulidade do último ERE presentado por Maderas del Atlántico, empresa situada en Caldas.

    A Xunta aprobou este expediente, co que se pretende despedir a 30 traballadores dun cadro de 96. O sindicato advirte de irregularidades na documentación económica achegada pola empresa, asegura que non se axusta coa carga real de traballo.

    Os responsables da CIG sinalan que en EREs anteriores, a dirección da empresa non executou o total de despedimentos argumentados e cre que nesta ocasión pasará o mesmo. O sindicato critica á Xunta por darlle o visto bo a este novo expediente, e cren que con el se lle dá barra libre ó empresario.

    O sindicato indica que a empresa xa está a aplicar o novo ERE polo que solicitarán a mediación do delegado territorial da Xunta en Pontevedra para que se deixe en suspenso mentres non se resolve o recurso.

    A CIG confía en que a Xunta estime o seu recurso, en caso contrario seguirán recorrendo pola vía do Contencioso Administrativo.

    Redacción Salnés