Ribadumia solicita unha rede ampla de internet inarámica para o polígono

    salome_pea_2_100.jpgRIBADUMIA > O Concello de Ribadumia solicita á Consellería de Innovación e Industria que dote ó polígono industrial dunha rede…

    … de banda ampla de acceso a internet sen fíos. Esta actuación podería ser posible por medio dun programa de desenvolvemento de redes de telecomunicacións, o Plan estratéxico galego da sociedade da Información, que está a desenvolver a consellería da Xunta, e na que a alcaldesa do antedito Concello, Salomé Peña quere que se inclúa Ribadumia.

    Para iso, xa enviou a documentación xurídico-administrativa solicitada e puxo a disposición da consellería un terreo para instalar a infraestructura precisa. Actualmente este polígono industrial está dotado dunha rede de internet de banda ancha con escasa capacidade e velocidade, minguando as capacidades de desenvolvemento das 60 empresas aquí ubicadas; e dos 600 persoas que traballan nel, na súa maioría mulleres.

    Salomé Peña conta co apoio dos empresarios nesta petición, que xa formulara a finais do ano pasado ante a delegada provincial desta mesma consellería Montserrat Prado.

     Redacción Salnés