O albariño de Agnusdei será o viño oficial do Xacobeo 2010

    vino_camino_100_141009.jpgMEAÑO> Levará por nome ‘Vino del Camino 2010’ e parte dos beneficios da venda deste Rías Baixas doaranse para a atención dos peregrinos.

    {flowplayer}images/salnes/141009_vino_del_camino.flv{/flowplayer}

    O 2010 será ano Xacobeo. Segundo as previsións que baralla a Fundación da Peregrinación a Santiago, entre oito e nove millóns de persoas pasarán por Galicia para ver de preto ó Apóstolo. Xa sexa por devoción, interese cultural ou por turismo, o certo é que o ano que vén se amosa como unha magnífica oportunidade para explotar as virtudes de Galicia. Entre elas, a gastronomía e os seus viños. É por isto que a Adega Agnusdei, adscrita á Denominación de Orixe Rías Baixas, propuxo á Fundación da Peregrinación a Santiago, que un albariño desta DO se converta no viño oficial do Xacobeo. Así nace “Vino del Camino 2010”, presentado esta mañá nas instalacións da adega en Meaño.

    O viño do Camiño estará dispoñible en tódolos albergues, restaurantes e establecementos situados nos distintos Camiños oficiais a Santiago. Uns dos primeiros en probar este Rías Baixas serán os 52 representantes de distintos países do mundo que esta fin de semana reuniranse en Santiago nun congreso para a promoción do Xacobeo a nivel internacional.

    Redacción Salnés