Paula Villanueva e Carlos Chaves serán os candidatos do BNG en Vilanova e A Illa

    SALNÉS> Hoxe rematou o prazo para a presentación de candidaturas para as próximas eleccións municipais do 24 de maio, por iso os partidos déronse presa esta fin de semana para facer públicas as listas coas que concorrerán.

     

    No Salnés, o BNG presentou os dous candidatos que faltaban por coñecer. En Vilanova será Paula Villanueva, que se estrea como cabeza de lista, a encargada de disputarlle a alcaldía a Gonzalo Durán. Carmela Alfonso pasa ao terceiro posto da lista. Na Illa, pola súa banda, repite Carlos Chaves Otero. Tanto eles como o resto de alcaldables da comarca reuníronse o sábado na sé do BNG de Vilagarcía para presentarse como alternativa de goberno en todos os concellos.