Porto e Costas estudian un paseo ata a Rosa do Mar

    paseo_ferrazo100.jpgVILAGARCÍA> O presidente do Porto Javier Puertas visitou hoxe o lugar acompañado do Xefe Provincial de Costas, Cristóbal Fernández.

    {flowplayer}images/salnes/paseo_ferrazo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pretende habilitar unha senda que permita á cidadanía acceder á praza presidida pola escultura Rosa do Mar, símbolo deste porto.

    O seu presidente Javier Puertas visitou hoxe o lugar acompañado do Xefe Provincial de Costas, Cristóbal Fernández. A intención do porto é aproveitar que a Xunta vai executar o paseo marítimo de Vilaxoán e darlle continuidade polo peirao de Ferrazo.

    A idea gustou ó xefe provincial de Costas, pero Cristóbal Fernández advertiu que facela realidade será complicado e que precisará da colaboración de varias administracións. Ante isto, Puertas apelou á vontade política para sacar adiante este proxecto, ó tempo que lembrou a total dispoñibilidade da Autoridade Portuaria.

    De construírse, a cidadanía disporía de uns 1.500 metros lineais de paseo desde Vilaxoán ata a praza da escultura Rosa do Mar.

    Redacción Salnés