VILANOVA> O concello de Vilanova continúa ca súa aposta pola formación. Esta mañá o alcalde da vila, Gonzalo Durán presentou en rolda de prensa, dúas novas accións formativas gratuítas e que se desenvolverán no centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa.
Vilanova de Arousa continúa apostando pola formación. Este venres presentáronse dúas novas accións formativas, cas que se pretende facilitar a aqueles que non teñan o graduado escolar, prepararse para conseguilo, e outra para conseguir un maior nivel de inglés.
Ambas actividades xa contan cun amplo número de inscritos, no caso das clases para a obtención do Graduado Escolar, xa son 60 alumnos, e no das clases de inglés arredor de 100.
Estas accións formativas de carácter gratuíto, complementáranse con outras soliciatadas á Xunta de Galicia e das que se espera unha resolución favorable nas próximas semanas, como o Obradoiro de Agricultura Ecolóxica e Turismo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/vista_real_gonzalo_duran_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/vista_real_gonzalo_duran.mp4{/flowplayer}