A Federación desestima a reclamación do Arousa

arousa250_290410.jpgSALNÉS> A Federación Galega de Futbol desestimou onte a reclamación do Arousa por suposta alineación indebida do Arenteiro. Así as cousas o conxunto vilagarcián quedarase como está, a sete puntos do Portonovo, sen prácticamente opcións de ascenso

As posibilidades de retorno á Terceira do Arousa esvaecéronse onte. O que o equipo non fora quen de gañar no campo, a directiva quíxoo facer dende os despachos, pero a aposta non funcionou.

A historia remóntase ó 7 de abril, día no que o Arousa visita ó Arenteiro e cae por 3-2. Os de Carballiño pasaban por unha mala época por aquel entón. Días antes case a totalidade do seu plantel fóra despedido pola directiva, unha vez os xogadores ameazaran con emprender accións legais se é que non recibían o pago de dúas mesualidades que lles adebedaban. Dende entón o Arenteiro xoga cos rapaces do segundo equipo, a maioría xuvenís, tratando de rematar a temporada do xeito máis honroso posible unha vez xa teñen atada a permanencia. Todo indicaba que algo podía estar fallando, pero segundo a Federación o Arenteiro cumpríu coa legalidade, canda menos no partido fronte ó Arousa.

De feito o fallo da Federación é extenso e non deixa lugar a dúbidas: no primeiro punto explica que a inscripción das licencias foi efectuada en tempo e forma legal. No caso do pago das mutualidades, din que foron abonadas puntual e reglamentariamente. Fai tamén a aclaración daqueles que actuaron con ficha tipo A e os que o fixeron coa tipo B e desestima o recuso do Arousa que sinalaba ó xogador José David García, que presentara ante o colexiado o DNI e non a ficha. Este xogador non participou activamente no encontro, polo que a demanda tamén foi desestimada.

Era esta a derradeira oportunidade do Arousa para engancharse ós postos de cabeza e loitar polo ascenso. Agora quédanse a sete puntos do segundo clasificado, e aínda que teñen que recibir a rivais directos, semella que as contas non van saír cando restan doce puntos por disputarse. A irregularidade amosada durante o segundo tercio da competición e, por qué non, ese tropezo incomprensible ante un Arenteiro de Segunda Autonómica, deixaranlles un ano máis na Preferente Sur.

Redacción Salnés