RIBADUMIA> Expectación en Ribadumia ante o nacemento do primeiro rally feito 100% na localidade. A proba, puntuable para o campionato galego de RallyMix, vai trancorrer case que de xeito íntegro polo municipio. Na organización recoñecen estar ilusionados coa iniciativa, confiando en acada-lo máximo de 160 participantes. O rally vai ter lugar na fin do Apóstolo.
Impulsado por ribadumienses e cun percorrido que transcorrerá case que de xeito íntegro pola localidade. Esta é a carta de presentación do I RallyMix Concello de Ribadumia, unha proba de automoción puntuable para o campionato galego de RallyMix.
A proba, por se-la primeira vez que se organiza, está a xerar moita expectación na localidade. A proba vaise desenvolver entre o 24 e 25 de xullo. O trazado mestura terra e asfalto, superando os 10 quilómetros de lonxitude.
A participación máxima nesta proba vai ser de 160 corredores. Na organización confían en que haxa unha boa resposta por parte dos pilotos e tamén do público. Neste caso, coa dificultade engadida de preparalo todo seguindo os protocolos anticovid.
A proba xa ten tramitados tódolos permisos necesarios , un Seguro de Responsabilidade Civil e unha póliza de Accidente Deportivo.