As obras do nó de Curro rematarán dous anos antes do previsto

    visita_obras_curro100.jpgBARRO> O conselleiro de Medio Ambiente visitou hoxe as obras do enlace de Curro na PO- 531, acompañado polos alcaldes de Meis e Barro.

    {flowplayer}images/salnes/visita_obras_curro.flv{/flowplayer}

    BARRO> O conselleiro de Medio Ambiente visitou hoxe as obras do enlace de Curro na PO- 531, acompañado polos alcaldes de Meis e Barro e do Presidente da Deputación de Pontevedra. Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente quixo destacar que neste primeiro ano de goberno na Xunta se conseguiu adiantar en dous anos o remate das obras do nó de Curro.

    A infraestrutura, que conta cun orzamento de máis de 39 millóns de euros, ten dous enlaces. Un, para mellorar a intersección entre a PO 531, Pontevedra- Vilagarcía, e a parroquia de Curro, que estará rematado a finais de ano. E outro, a varios niveis que vai conectar a autoestrada AP- 9, a autovía do Salnés e as futuras autovías Pontevedra- Vilagarcía e Pontevedra- Vigo. Rematará o primeiro trimestre de 2012, adiantando así os prazos previstos en dous anos.

    A Xunta axilizará a autovía Pontevedra- Vilagarcía e solicitará ao Ministerio de Fomento que inclúan no Plan especial de Infraestruturas a A- 57 dende Curro ata Ponteareas. O Conselleiro quixo tamén salientar que non só desbloquearon a construción do nó, senón que o fixeron cun deseño funcional e que responde ás necesidades da zona. O Alcalde de Barro, José Antonio Landín, está de acordo.

    Para desenvolver o enlace será necesario construír un viaduto en eixos principais, dous en ramais de conexión e enlace, cinco pasos inferiores e tres pasos superiores. A vía terá unha lonxitude de 15 quilómetros entre o eixo principal e os ramais de conexión.

    Redacción Salnés