Tres mortos e tres feridos nun choque na N640 en Caldas

    accidente_caldas100_290410.jpgCALDAS> Un turismo Peugeot 306 e unha furgoneta Mercedes colisionaban frontolateralmente á altura de San Andrés de Cesar.

    {flowplayer}images/salnes/accidente_caldas_290410.flv{/flowplayer}

    CALDAS> Tráxica mañá en Caldas. Tres mortos e tres feridos nun dos accidentes máis graves que se lembran. Ás 11 menos 10 desta mañá, no quilómetro 223 da estrada N640, á altura de San Andrés de Cesar, un Peugeot 306 e unha furgoneta Mercedes colisionaban frontolateralmente. No vehículo, cinco ocupantes, todos eles alumnos da Universidade de Santiago.

    Os falecidos: a conductora, LPM de 18 anos e natural de Caldas, que acababa de obter o permiso de conducir o día anterior; AAG de Marín e MIMO de Pontevedra, ambos tiñan 19 anos e viaxaban no turismo no asiento traseiro. Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilagarcía, Protección Civil de Caldas e da Estrada e os Bombeiros do Salnés, cun equipo de excarcelación que actuou no rescate das persoas atrapadas. Ata alí tamén acudíu un helicóptero medicalizado do 112 con base en Santiago.

    O impacto entre ambos foi dunha violencia brutal. Ademais dos tres falecidos outras tres persoas resultaron feridas. Dous graves: CPP, de 20 anos e veciño de Meis, que viaxaba no turismo no asiento dianteiro; e CMC de 18 anos veciña de Ourense, que ía no asiento traseiro. O rapaz de Meis foi trasladado ó Hospital Montecelo, mentres que a rapaza ourensana foi para o Hospital Clínico de Santiago. O conductor da furgoneta, MAF, de 30 anos e veciño de Pontevedra, resultou ferido leve.

    A Garda Civil de Tráfico apuntou a falta de pericia da conductora falecida como posible causa do sinistro, xa que semella que perdeu o control do coche segundos antes do impacto.

    Redacción Salnés