O sector do mexillón continuará manifestándose tralas cargas policiais de Santiago

A ILLA> Os bateeiros están en pé de guerra. O sector manifestouse en masa esta mañá diante da consellería do mar en Santiago. A protesta foi repelida polos antidisturbios que cargaron contra os manifestantes. O balance foi de dous detidos e varios feridos, un deles tivo que ser hospitalizado.

Así rematou esta mañá a manifestación que o sector do mexillón convocou ante a consellería do mar en Santiago. Centos de bateeiros de toda Galicia mobilizáronse para protestar polo peche das zonas de extración da mexilla reabertas o pasado mes de febreiro. Dende a subdelegación do goberno indican que a manifestación no foi convocada e que as cargas policiais tiveron lugar porque algúns dos manifestantes intentou saltar o enreixado e outros agrediu aos policías. Unhas declaracións opostas á versión dos mexilloeiros que defenden que a manifestación foi pacífica. 

As cargas remataron con dous detidos e varios feridos, un deles, como pode escoitarse neste vídeo, foi golpeado por unha pelota na cara.

Dende o sector sinalan que estes peches poñen risco a supervivencia de moitas familias.

Os dous detidos foron postos en liberdade ao longo desta tarde. O sector pide a dimisión de Rosa Quinta e advirte de que as mobilizacións van a continuar ata que non se reabran as zonas de extracción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí