Eduardo Martínez denuncia o ‘compradreo’ entre os rañeiros e a Xunta

    VILANOVA > A situación na Confraría de Vilanova complícase día a día. O retraso na convocatoria das eleccións está a paraliza-lo pósito e a complica-las relacións entre as súas agrupacións. Así o asegura o patrón maior, Eduardo Martínez, quen lle bota a culpa de todo á Consellería de Pesca.

    Eduardo Martínez non entende por que Pesca segue admitindo alegacións cando o prazo rematou o 2 de agosto, e por que non lle esixe á agrupación de mariscadores a flote que concrete as súas denuncias. O patrón maior asegura que hai censo e que o proceso electoral está listo para empezar. Se non é así, é pola manipulación dos rañeiros que continúan buscando a polémica con acusacións falsas como un suposto cambio da pechadura da confraría que lles impediu entrar o domingo. artínez asegura que a Consellería está beneficiando ós directivos de a flote que son afíns políticamente para que se fagan co control da Confraría.

    Redacción Salnés