A vendima de tinto de Barrantes remata con case 2 millóns de quilos

    tinto100.jpgRIBADUMIA> Cantidade e calidade. Son as características que definen a colleita do viño tinto de Barrantes.

    {flowplayer}images/salnes/vendima_tinto_011009.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Cantidade e calidade. Son as características que definen a colleita do viño tinto de Barrantes.

    A penas quedan xa uvas nas cepas, pero a asociación de viticultores do Tinto do Salnés, xa pode afirmar que se achega ós dous millóns de quilos de uva. Como non, o bo tempo de final de agosto e de setembro, tamén lles beneficiou. Para as adegas do Salnés estímase que irá un millón e medio de litros de tinto de Barrantes. Nada que ver coa mala campaña que tiveron o ano pasado.

    Trátase dun cultivo moi arraigado na comarca do Salnés, onde se calcula que hai un cento de hectáreas dedicadas a tinto de Barrantes. A colleita é bastante rendible. O tinto de Barrantes descansará agora en barrís de madeira e non se embotellará ata maio. Pero nun mes, xa se poderá manchar a cunca.

    Redacción Salnés