A milagre da permanencia pasa por vencer ó Ordes

futbol250_300410.jpgSALNÉS> Penúltima xornada na Terceira División. Ó Vilalonga tócalle descansar pero o que sí xogará será o Céltiga que precisa gañar para non descender. Os da Illa non perden a esperanza de salvarse e sairán a por todas.

Gañar ou gañar, non vale outra para o Céltiga. Unha derrota o domingo fronte ó Ordes podería mandarlle directo a Preferente. Ricardo Dios tratou de convencer ó plantel durante esta semana de que a salvación é posible sempre e cando saquen os seis puntos, primeiro este domingo e despois no peche da liga ante un Pontevedra B que tampouco ten atada a permanencia. O Céltiga acude á cita coas baixas seguras de Iago, por lesión, e Víctor, por sanción, mentres que Óscar Blanco e Óscar Río poderían estar presentes no choque ante un Ordes que non se xoga nada no envite.

Na Preferente Sur esta é unha xornada clave para o Portonovo. Os de Baltar non se poden permitir un tropezo fronte ó Celanova se é que queren voltar á Terceira. Quedan catro xornadas e son catro puntos os que ten de marxe polo que unha victoria o domingo poría as cousas moi de cara. Con todo, os ourensáns aínda non teñen a permanencia acadada e virán a por todas. Ademais, o cadro local terá que sobrepoñerse ás importantes baixas de Comesaña, Turu e Pablo.

Máis abaixo e xa sen opcións de ascenso o Arousa visita a un Caselas necesitado da victoria. Os vilagarciáns despois de recibir a nova de que a Federación non lle dará os puntos do Arenteiro tentarán sacar o partido adiante para buscar a mellor clasificación posible a final de temporada. Rober é baixa.

Mesma situación que afronta o Sanxenxo que recibe a un Marín en clara mellora e que está a afastarse dos postos de descenso. Os de Calucho non perden na casa dende setembro polo que quererán seguir sendo fortes no Revel.

Tampouco se xogan moito no envite desta semana Rápido Bahía e Ribadumia. Os de Carducho acuden á cita sabedores de que xa fixeron os deberes.

Cambados e Cruceiro, ambos con 45 puntos na xeral, buscarán a victoria para intentar escalar postos na clasificación.

Redacción Salnés