Continúa a loita pechada por eludi-lo descenso

futbol250_140308.jpgSALNÉS > Unha semana máis, o interese está en saber qué ocorre cos equipos que están inmersos na parte baixa da táboa. O Céltiga enfóntarase o domingo o Pontevedra B, un rival directo, mentres que o Portonovo recibe en Baltar ó lider.

A Terceira galega está que arde, sobre todo por abaixo. A igualdade é maxima e ninguén se pode despistar se é que non quere ter un disgusto. Con dez xornadas por xogarse e con Lemos e Ourense B practicamente descendidos, hai seis candidatos, ata o de agora, para ocupar o terceiro posto de descenso.

Dous deles enfróntanse o domingo na Xunqueira, Pontevedra B e Céltiga. Os de Manuel Núñez quererán demostrar que están a mellorar e acadar unha terceira victoria consecutiva, que aínda así, lles deixaría nos postos baixos. O encontro ás 16:15.

O que si pode respirar un pouco se gaña é Portonovo. Tres victorias en catro partidos, un dos mellores equipos da segunda volta e tres meses sen peder na casa. O domingo pódese romper tanta xeira positiva porque o líder Cidade de Santiago visita Baltar, conxunto que só perdeu un encontro fóra da casa no que vai de liga. Será a partires das 17:00.

Sen tanta necesidade de puntos, pero sen esquencerse que aínda se pode meter en problemas, o Arousa recibe na Lomba ó Alondras. Os de Laxes tentarán gañar para olvidar a goleada sufrida a semana pasada en San Lázaro, mentres que o equipo cangués non se pode permitir máis tropezos se é que quere meterse no playoff de ascenso, que agora ten a catro puntos.

Lonxe do playoff quedouse o Vilalonga que acude case sen presión a xogar á Pinguela, contra o pechacancelas Lemos. Un encontro no que os de Josiño teñen todas as de gañar, pero que se deixan aparecer á relaxación, ésta pódelles xogar unha mala pasada.

Destacar tamén en Preferente Autonómica os encontros que han de disputar o Ribadumia ante Ponte Ourense na Senra e o Unión do Grove ante o Gondomar en Monte da Vila, ambos o domingo ás 17:00.  

Redacción Salnés