La Caixa colabora con AMICOS na formación de discapacitados

    obrasocialamicos_290410.jpgRIBEIRA> A colaboración entre a Obra Social de La Caixa e AMICOS permitiu a posta en marcha de varios talleres para a formación de persoas con discapacidade.

    {flowplayer}barbanza/obrasocialamicos.flv{/flowplayer}

    O director de La Caixa en Ribeira, Andrés Lijó, visitou as instalacións da asociación AMICOS en Oleiros. Alí, comprobou o traballo que desenvolven os usuarios no taller de artes gráficas, un obradoiro no que quince mozos aprenden o oficio da serigrafía e desenvolven traballos para empresas da zona.

    AMICOS tamén ten en marcha un taller de lavandería. Na actualidade soamente presta servizo ó propio centro pero está previsto que no prazo aproximado de dous meses comece a desenvolver traballos para empresas da comarca que xa solicitaron presuposto ó colectivo.

    O representante de La Caixa comprometeuse a seguir colaborando con este e outros colectivos para conseguir que as persoas con discapacidade melloren a súa calidade de vida. Nos últimos catro anos, 65 persoas recibiron asistencia, rehabilitación e formación grazas á labor da Obra Social na comarca.

    A presidenta de AMICOS aproveitou a presenza do director da oficina ribeirense para solicitar a súa colaboración para a adquisición de novos vehículos de transporte adaptado.

    Redacción Barbanza