![]()
CAMBADOS> O POL centrou o pleno de onte á noite en Cambados. PSOE e BNG defenderon sendas mocións que foron rexeitadas polo PP.
{flowplayer}images/salnes/pol_cambados30.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> O Plan de Ordenación do Litoral centrou o pleno celebrado onte á noite en Cambados. PSOE e BNG defenderon sendas mocións sobre este documento que foron rexeitadas polo grupo de goberno.
Os nacionalistas pediron que se manteñan no POL coa mesma clasificación as zonas urbanas e urbanizables recollidas nas actuais normas subsidiarias. E o PSOE, reclamou que a Xunta amplíe o prazo de alegacións, que remata o vindeiro luns. O alcalde Luís Aragunde indicou que vai incorporar as alegacións da oposición ó documento de suxestións feito polos técnicos do Concello.
Precisamente hoxe, o PSOE de Cambados presentou as súas alegacións no rexistro municipal. Entre outros aspectos, os socialistas indican que hai numerosos erros de grafía e de identificación da realidade física do territorio, por iso consideran que antes aplicar o POL a Xunta debería ter aprobadas as Directrices de Ordenación do Territorio.
O PSOE advirte que estas normas limitan o crecemento urbanístico e considera que deberan eliminarse a meirande parte das áreas de protección previstas. Para o PP, o POL deseñado para Cambados non prexudica ó concello, polo que adaptarán o novo PXOM ás directrices deste plan.
O alcalde indicou no pleno de onte que o equipo de goberno mantivo varias reunións con técnicos municipais e da consellería para analizar o POL. Pero nesas xuntanzas non se convidou á oposición. O PSOE lamentou que non houbese un pleno extraordinario sobre o asunto nin unha reunión de portavoces, como pasou noutros concellos.
Redacción Salnés








