O SALNÉS> Os prezos do combustible disparáronse ata roldar o euro e medio o litro. No caso da gasolina a suba media foi de 18 céntimos desde que empezou o ano, …
{flowplayer}images/salnes/prezos_combustible.flv{/flowplayer}
…namentres que o gasóleo A subiu uns 11 céntimos. Esta escalada de prezos está a afectar seriamente ós petos dos cidadáns das Rías Baixas para os que circular en automóbil é imprescindible no seu día a día.
Cada día é menos frecuente oír nas estacións de servicio aquelo de “Cheo, por favor”. Os axustes chegan tamén ás gasolineiras moderando a compra de combustible; aínda que hai quen xa controlaba este consumo desde fai anos. Esta suba dos prezos dos derivados dos petróleos parece non ter fin. Esto provoca que os conductores cada día estean máis agobiados polos impostos; especialmente aqueles que precisan o coche para traballar ou traballan transportando mercadorías.
E é que os vehículos particulares son imprescindibles nas Rías Baixas que adoecen dun transporte público funcional e cómodo. É por isto polo que os conductores vense obrigados a usar o coche para todo.
A única forma de aforrar é procurarse vehículos que consuman un combustible máis barato, aínda que de chegar a aplicarse un novo imposto ós vehículos diesel, as tornas poderían volver a cambiar.
Redacción Salnés