Arranca en Portonovo a Festa da Raia con 6 tipos de pratos

    raia_copia100.jpgPORTONOVO> Esta mañá arrancou en Portonovo a décimo sexta edición da Festa da Raia, cunha xornada dedicada ós maiores. Os actos e a cita gastronómica celebraranse durante toda a fin de semana.

    {flowplayer}images/salnes/RAIA_PORTONOVO.flv{/flowplayer}

    Os maiores celebraron o inicio da festa da raia por todo o alto. Os responsables do club de xubilados e pensionistas de Portonovo, actuaron como anfitrións recibindo ós visitantes que accedían ó recinto. Estiveron presentes, entre outros, os clubs de xubilados de Cangas, Valladares, Neira, Marín e O Grove. Dende as 12 e media, os integrantes do grupo de teatro da agrupación de maiores local, ofreceron unha representación teatral na que levan tempo traballando. Despois de disfrutar a obra, chegou a hora de xantar, pudendo escoller ata 6 tipos de pratos con raia.

    Para os que este peixe non lles gustaba ou non lles convencía, a organización ofreceulles un prato de intercambio.

     Para acompañar a comida, non podían faltar os viños, sendo o máis reclamado o Albariño.

    Unha vez finalizado o almorzo, celebrouse o tradicional concurso de Miss e Míster Festa da Raia 2010 da terceira idade. Por iso, todos os presentes acudiron coas súas mellores galas.

    Pola noite o humor tivo o seu espazo, cun festival de monólogos de Cándido Pazó, Avelino González e Silvia Dorrón.

     Redacción Salnés