Entrégase en Vilanova o premio da Quinta edición do certame Valle Inclán

    premio_valle_inclan_100.jpgVILANOVA > Esta tarde entregouse en Vilanova o premio Valle Inclán 2008, que nesta quinta edición, recaeu no estudo Todo Valle Inclán…

    … en Roma da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela. O presidente da Deputación de Pontevedra foi o encargado de entregar este primeiro premio, dotado con 18.000 euros e a súa publicación, ó equipo composto por Margarita Santos, Sandra Domínguez, Rosario Mascato, Catalina Míguez, Carmen Elena Vílchez, Cristina Villarmea, Franca Martínez e Ángeles Gómez Abalo.

    Nesta edición, o xurado decidiu tamén conceder un primeiro accésit, valorado en catro mil euros, ó traballo titulado La Revolución espectacular. El teatro de Valle Inclán en la escena mundial de José María Paz; e un segundo accesit, con dous mil euros de premio para o estudo La Galicia arcádica de Aromas de Leyenda. Huellas de la pastoral clásica en el primer poemario de Valle Inclán, de Soledad Pérez Abadín.

    A organización salientou a calidade de tódolos traballos presentados a concurso, neste acto de promoción das letras e da figura do escritor vilanovés máis ilustre.

    Redacción Salnés