Os traballadores do hospital volven manifestarse para evitar máis recortes

    concentracionhospital_100_300410.jpgBARBANZA> Os traballadores do hospital do Barbanza volveron levantarse en pé de guerra para esixir a incorporación de celadores ó cadro de persoal.

    {flowplayer}barbanza/concetracionhospital.flv{/flowplayer}

    Puntuais, ás doce da mañá, medio cento de traballadores do hospital do Barbanza volvían concentrarse ás portas do centro hospitalario para esixir melloras laborais. A principal, que levan demandando dende que se integraron no SERGAS, é a incorporación de celadores para aliviar a sobrecarga que na actualidade teñen que asumir outros profesionais, como auxiliares, que se vén obrigados a realizar as tarefas desta categoría profeisonal non recoñecida no Barbanza.

    Lonxe de conquerir as melloras que reivindican, os traballadores denuncian novos recortes nos servizos como a reducción do número de radiólogos localizados. Na actualidade, o centro contaba con dous pero a partir de agora verase reducido a un só profesional que deberá ser compartido por tres hospitais.

    Queixas

    Para conseguir que as súas demandas sexan escoitadas, iniciaron unha campaña de envío de queixas ó valedor do pobo, institución que xa instou ó centro á incorporación de celadores. Mentres tanto, pensan seguir adiante con novas medidas de presión para evitar que siga mermando a calidade asistencial no sistema público de saúde.

    Redacción Barbanza