NOIA> O Club Baloncesto Noia volve a organizar o 3×3 na rúa. Será na alameda os días 20 e 21 deste mes de agosto. A actividade servirá ademais de homenaxe a Agustín Pérez Tinín, unha persoa moi ligada ó Club, e por extensión ó baloncesto na localidade, falecido o pasado verán.
O torneo consta dun total de cinco categorías. As habituais sub-12, sub-16 e senior,
sumaraselle tamén unha de pequerrechos ata nove anos e outra ba que tomarán parte os
amigos de Tinín.
As inscricións xa están abertas podéndose realizar a través do correo electrónico do Club:
cb.noia@hotmail.com . O prazo para inscribirse rematará o vindeiro mércores 17 de agosto.
Dende a organización agardan unha participación similar á da última edición, na que ademais de equipos locais, contou coa presenza de numerosos equipos de fóra. Tamén agradecen a colaboración das distintas empresas e casas comercias que colaboran coa iniciativa aportando o seu gran de area.