Un total 89 equipos participarán no VII Torneo de F7 de Poio

f7_poio250.jpgPOIO> Finalmente serán 89 os equipos que tomarán parte na sétima edición do Torneo Concello de Poio de Fútbol 7 Alevín e Benxamín. A competición desenvolverase os días 5 e 6 de xuño no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos de Poio.

Dada a masiva participación de clubs, o Concello indica que os partidos se disputarán en dous campos. Un estará no Campo Municipal da Seca, e nel xogarán os 48 equipos da categoría alevín. Os 41 clubs de benxamín terán os seus partidos no Campo Municipal da Reiboa. Desde a concellería de Deportes de Poio sinalan que haberá actividades paralelas para os nenos, con inchables e obradoiros variados.

Redacción Salnés