![]()
PONTEVEDRA> Dez persoas foron detidas nas últimas datas pola Garda Civil de Pontevedra como integrantes dun suposto grupo organizado …
{flowplayer}images/salnes/operacion_droga.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Dez persoas foron detidas nas últimas datas pola Garda Civil de Pontevedra como integrantes dun suposto grupo organizado dedicado ó tráfico de drogas, que operaba na provincia de Pontevedra. Esta nova operación, denominada Works, iniciouse para esclarecer unha serie de roubos con violencia e intimidación acontecidos a finais do pasado ano no Salnés.
As vítimas eran seleccionadas no entorno do narcotráfico nesta comarca, co que atopaban certas garantías de obter diñeiro en efectivo ou droga e aseguraban dalgún xeito que non presentarían denuncia. O primeiro caso investigado aconteceu en setembro de 2009, unha parella de Vilanova foi secuestrada no garaxe do seu domicilio. O segundo, foi en decembro pasado tamén en Vilanova. Daquela abordaron a unha nai e á súa filla de 10 anos, metéronas nunha furgoneta durante case hora e media ata que lle dixeron que o seu home estaba na casa. Foron alí e, pese a non conseguir diñeiro, déronlle unha brutal malleira ó marido.
A Garda Civil advertiu tamén que parte deste grupo podería estar implicado nun alixo importante de cocaína. En canto ós autores materiais dos secuestros e roubos, son de orixe ruso e búlgaro, inda que naturais de Vigo. As detencións fixéronse tras uns primeiros rexistros feitos o 29 de marzo en Sanxenxo e Vigo, onde se interviñeron pistolas simuladas, porras eléctricas, aparatos de transmisión e bridas de plástico coas que ataban ás vítimas. O principal responsable da organización foi detido o pasado 29 de abril.
Estas actuacións foron coordinadas polos xulgados 1 e 2 de Vilagarcía, que decretaron prisión preventiva para 8 dos 10 detidos.
Redacción Salnés








