Volven os Premios Martín Códax da Música, con medio cento de finalistas

CAMBADOS>  A oitava edición dos premios Martín Códax da música xa ten finalistas. Medio cento de bandas e artistas optan a estes galardóns, que se van entregar a finais deste mes. A pesar do difícil momento que está a vivir o sector, foron máis de 400 os proxectos que se presentaron a esta edición.

Dous anos despois, volven os premios Martín Códax da Música. A esta oitava edición incribíronse máis de 400 proxectos, dos que saíron o medio cento de artistas ou bandas finalistas que optan a premio. Dende a organización poñen en valor tamén o esforzo do sector, nun momento tan complicado.

A adega de Martín Códax volveu acolle-la festa onde se desnvelaron os nomes do finalistas. En total, medio cento, tres por cada categoría. Na categoría da música folk, por exemplo, atopamos nominados de moi curta idade, sen dúbida, toda unha canteira de talento para a nosa música.

Noutra categoría, na infantil, compiten Brais das Hortas e Peter Punk, Paco Nogueiras e Chuches Amil. A banda da Loba na categoría pop e indie,  o Coro da Ra e o Encaixe na sección de grupos vocais ou a banda de Meaño na categoría de bandas de música popular, son outros dos nomes propios destes premios Martín Códax da Música. Os premiados coñecerémolos o vindeiro 27 deste mes de outubro.