A Cidade Europea do Viño xa ten banda sonora

    CAMBADOS> A Cidade Europea do Viño xa ten a súa banda sonora. Esta fin de semana o xurado escolleu en Cambados a composición que acompañará todos os actos do programa. A peza, composta por Xosé Carlos Seráns, poderá escoitarse na gran gala do vindeiro 25 de marzo.

     

    Cambados xa ten o himno como Cidade Europea do Viño 2017. Tras tres horas de deliberación, o xurado escolleu a composición gañadora das sete presentadas: unha obra do músico Xosé Carlos Serán, xerente da Banda de Música de Santiago de Compostela.

    O edil de enoturismo e membro do xurado destacou o alto nivel de todas as candidatas. Agora haberá que agardar ao vindeiro 25 de marzo, cando se celebre a Gran Gala, para coñecer como vai soar a Cidade Europea do Viño cambadesa. Unha cita clave para o concello.

    A intención do goberno local é que se celebre en Fefiñáns, sempre e cando o tempo o permita. Está previsto que á gala asistan delegacións de diferentes países, como Italia e Francia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/banda_sonora_museo_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/banda_sonora_museo_vino.mp4{/flowplayer}