Todos os veciños poderán acceder a Internet mediante WIFI

    wifi_pontecesures_copia100.jpgPONTECESURES> O Concello de Pontecesures vai por en funcionamento o sistema WIFI para que os veciños podan conectarse a Internet de forma gratuíta. Este servizo foi financiado na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/WIFI_PONTECESURES.flv{/flowplayer}

    A finais desta semana os veciños de Pontecesures van poder acceder a Internet sen necesidade de cables e de forma completamente gratuíta. A instalación do sistema WIFI, é un servizo moi esperado na localidade. O convenio firmado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello puxo en marcha a instalación dunha serie de antenas, que comezaron sendo 4 pero que houbo que ampliar ata 9 para dar cobertura á maior parte de Pontecesures.

    O servizo, contratado coa compañía R, ofrece 6 megas pero, segundo a Comisión do mercado de telecomunicacións, os usuarios só poden utilizar de forma gratuíta ata 256 bytes. Dende a empresa instaladora das antenas xa advirten que o sistema non vai permitir baixar da rede nin películas, nin música.

    Hai 3 antenas principais colocadas en Protección Civil, no Concello e na Biblioteca conectadas entre si por unha rede RDSI. O requisito imprescindible para acceder ó servizo é estar empadroado en Pontecesures.

    A final desta semana poderanse tramitar no concello as solicitudes para ter unha clave de acceso. Dende o concello esperan que se cubran todas as zonas da localidade e sinalan que a Deputación está a por en marcha as redes WIMAX que poderán rematar coas zonas de sombra.

    Redacción Salnés