As mariscadoras poderán pedir permisos por maternidade

    mariscadoras100.jpgSANTIAGO> As mariscadoras poderán pedir permisos por nacemento, adopción ou acollida de fillos e para coidado de familiares.

    {flowplayer}images/salnes/orde_permex.flv{/flowplayer}

    SANTIAGO> As mariscadoras poderán pedir permisos de tres anos por nacemento, adopción ou acollida de fillos e de un para coidado de familiares ata segundo grao de afinidade.

    Así se recolle na nova orde que regula os permex, os permisos de explotación para marisqueo a pé, publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia. A Consellería do Mar destacou nun comunicado que, deste xeito, o Goberno galego ‘aposta pola conciliación laboral e familiar’.

    No caso dos permisos para coidado de familiares, poden alegarse razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, ou a persoa non poida valerse por si mesma e non teña unha actividade retribuída. Neste caso, o permiso é prorrogable mentres se manteña a situación.

    A consellería do Mar tamén indica que favorecerá ás vítimas de violencia de xénero que se vexan na necesidade de abandonar a súa actividade laboral para facer efectiva a súa protección. Nestes casos, a suspensión será dun ano en función da sentencia xudicial e ata un máximo de 18 meses.

    En canto ós requisitos para a renovación anual do permex, requirirase acreditar que se realizaron un 95% dos días efectivos autorizados dentro do plan de xestión para traballos complementarios, como o traslado de semente, limpeza de bancos marisqueiros ou labores de seguimento e control dos mesmos. Ademais, a Xunta creará unha lista de reserva para obter os permisos coas persoas que foron excluídas. O documento estará vixente durante un ano e utilizarase en caso de vacantes.

    Segundo indica Mar, a nova orde permite tamén o cambio de entidade asociativa titular dun plan de xestión, co fin de facilitar a conciliación.

    Redacción Salnés