Fomento autoriza o cruzamento da N550 en Arcos da Condesa

    pp_caldas100.jpgCALDAS> O PP celebra que Fomento rectificase e autorice agora o cruzamento da N550 para continuar o saneamento en Arcos da Condesa.

    {flowplayer}images/salnes/pp_caldas5.flv{/flowplayer}

    CALDAS> Arcos da Condesa é unha das parroquias mais importantes de Caldas de Reis.

    O mes pasado chegou ao concello, por rexistro, un documento onde a Demarcación de Carreteras do Estado, na Unidade de Pontevedra, denegou á autorización para cruzar a N550 para continuar as obras de saneamento, que executa a Xunta.

    Este cruzamento solicitado polo goberno de Caldas de Reis, foi persistentemente requirido polos populares, que seguiron facendo presión, ata lograr que por fin, chegara un novo escrito de Fomento, no que se resolve autorizar o cruzamento da N550, ao seu paso pola parroquia de Arcos da Condesa.

    O escrito coa autorización é ben acollido polo PP, xa que permite a finalización das obras do saneamento na zona. Pero, os populares advirten que existe unha previsión por parte do Ministerio de Fomento, para realizar alí as obras dos enlaces, ás que se opoñen. Lembra o PP que en agosto pasado, o ministro de Fomento, José Blanco, visitou a zona para asegurar aos caldenses que estas obras non se farían. Polo tanto, non entenden porqué non se remite unha comunicación por parte do Ministerio de Fomento, desbotando a posibilidade de que se executen as obras do enlace, que, parece ser, seguen estando previstas, polo que reza na autorización do cruce.

    Textualmente dise: ‘o cruzamento baixo a calzada terase que efectuar de modo que non afecte ás previsións dos plans ou proxectos de ampliación da estrada’ e, en concreto, cita nova mente a construción do enlace e a prolongación de vías de servizos. Ante isto, o PP seguirá presionando para que o que eles califican de barbaridade, non se leve a cabo.

    Redacción Salnés