O #CocidoDay posicionará en redes sociais este tradicional prato

MEIS> Posiblemente o hashtag #CocidoDay será un dos máis repetidos esta fin de semana nas súas redes sociais. O sábado,un grupo de bloggers, influencers, e persoas vencelladas ao mundo da comunicación conmemorarán o Día Internacional do Cocido cunha completa proposta gastronómica.

Os dez participantes nesta xornada comezarán o día en Barro. Alí percorrerán un treito polo Camiño Portugués e achegaranse ata o mirador do Monte de Chan, para despois gozar dunha sesión vermú en Casa Bubela. Finalmente, será en Novavila Wine Desing Hotel en Meis, onde gozarán do prato estrela.

Coa listaxe de convidados a degustar deste cocido, o que está claro é que o evento non pasará desapercibido en Redes Sociais.

O cocido será o protagonista da mesa, pero terá que compartir eloxios cos viños de Rías Baixas. Demostrando, unha vez máis, a súa versatilidade.

José Luis Vilanova tampouco dubida de que os viños de Rías Baixas estarán á altura deste reto. Regando o #CocidoDay cunha interesante maridaxe.

O responsable de Novavila Wine Desing Hotel e un dos anfitrións desta xornada quixo agradecer a iniciativa do Cocido Day. Destacando o importante papel que estas iniciativas xogan na desestacionalización do turismo.

Comments are closed.