O PPdeG esixirá no Parlamento a supresión do proxecto da PO-504

    pp_afectados504_100.jpgSANXENXO > O PP vai levar á Comisión de Infraestruturas do Parlamento unha proposición non de lei na que van pedir a supresión do proxecto …

    … deseñado por Política Territorial na estrada PO-504, que une Sanxenxo con Vilalonga. A súa proposición presentarana por vía urxente no prazo duns tres días, e nela expoñen coma alternativa o anteproxecto que elaborado polo concello de Sanxenxo. O Partido Popular comunicoulle esta decisión ós veciños na xuntanza que mantiveron esta mañá.

    O grupo parlamentar do PPdeG vaille trasladar á Cámara galega o conflito xerado entre os veciños do concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Territorial. Farano a través dunha proposición non de lei coa que, en lugar do proxecto que manexa agora Política Territorial, queren sacar adiante o anteproxecto elaborado no seu día polo concello de Sanxenxo, e que conta co respaldo dos veciños da estrada PO-504, que une a vila turística coa parroquia de Vilalonga. Un anteproxecto din, que non só ten en conta os intereses dos condutores na configuración da estrada, senón tamén a dos peóns e veciños do lugar. Uns aspectos dos que carece, segundo o Partido Popular a actuación deseñada por Política Territorial.

    A proposición do Partido Popular vai ser presentada na comisión de infraestruturas da Xunta por vía urxente. Ademais da paralización do proxecto actual, tamén van pedir que a PO-504 se recoñeza coma unha vía urbana, e que a súa titularidade sexa transferida ó concello de Sanxenxo. A súa interpelación no Parlamento din que se xustifica pola falta de diálogo mostrada por parte da Consellería de Política Territorial, que non atendeu ós veciños, cando se trasladaron ata a delegación pontevedresa do departamento pra trasladarlle as súas reclamacións. O Partido Popular espera atopar o apoio do BNG no Parlamento, logo de que o grupo local apoiase ós veciños nas súas reivindicacións.

    Redacción Salnés