96 persoas participan no torneo de parchís online do San Martín Club de Fútbol

VILAXOAN> Un dos xogos que máis está amenizando a corentena de moita xente é o do parchís. Ante o éxito deste xogo tradicional, o San Martín Club de Fútbol organizou un torneo para os seus xogadores e afeccionados. O resultado está sendo un éxito con 96 participantes e partidas tódolos días. Os catro primeiros terán premio.

O parchís volve a estar de moda. Coa corentena moitas persoas sumáronse á nova aplicación que permite entreterse con este xogo tradicional a través dos seus dispositivos móbiles. Ante o éxito da aplicación o San Martín Club de Fútbol de Vilaxoán decidiu organizar un torneo entre os seus afeccionados.

A inscrición superou as previsión dos organizadores que pecharon a lista en 96 xogadores tendo que deixar a 14 persoas de reserva. O torneo estase levando a cabo a través de diferentes fases para entreter á xente o máximo de tempo posible.

Polo de agora xa se disputaron máis de 100 partidas. Todas elas organízanse por whatsapp pactando agora entre os xogadores e coa supervisión de Jorge.

O resultado está sendo un éxito. A xente está gozando o torneo aínda que algúns non leven moi ben as derrotas.

O torneo atópase agora nos cuartos de final. A última partida terá lugar o domingo e os catros primeiros terán premio.

Ante a gran acollida do torneo e a implicación da xente, dende o club xa están pensando en organizar máis campionatos, xa sexa de parchís ou doutros xogos online.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí