A IV Copa do Futuro fai a súa parada no campo de Barrantes

copa250_050510.jpgRIBADUMIA> Dezaseis equipos de categoría prebenxamín participarán esta fin de semana en Ribadumia na fase previa da IV Copa do Futuro de futbol 9. Un torneo promovido pola Deputación de Pontevedra que reunirá a 200 rapaces no campo de Barrantes, durante as xornadas do sábado e o domingo. Hoxe foi presentado no concello pola alcaldesa Salomé Peña.

{flowplayer}images/salnes/copadofuturo_050510.flv{/flowplayer} 

Máis de 200 rapaces desfrutarán esta fin de semana coa IV Copa do Futuro, un campionato de futbol 9 organizado pola Deputación de Pontevedra e que coma sempre fai a súa parada en Ribadumia, no campo de Barrantes, na súa fase previa. Dezaseis equipos loitarán polas tres prazas que dan dereito a xogar a fase final os vindeiros días 12 e 13 de xuño en Vigo. Serán: Vilagarcía, Portonovo, Moraña, Arousa, Barro, Ribadumia, Vilanova, Umia, Cambados, Atlético Cuntis, Pontearnelas, Lalín e dous equipos do Poio, e dous do Unión Dena. Os partidos darán comezo ás 10:00 do sábado e agárdase ver un gran nivel deportivo.

Unha das grandes premisas desta Copa do Futuro é a aposta pola promoción dos valores do deporte, como a igualdade, a solidariedade ou o compañeirismo.  O evento conta ademais co apoio de grandes figuras do futbol.

Paralelamenete ó torneo instalaranse nas inmediacións do campo de Barrantes parques lúdicos con hinchables, faranse sorteos, concursos de chapas e haberá unha zona de PlayStation, entre outras actividades. Todo para que os rapaces pasen unha fin de semana do máis entretida.

Redacción Salnés