‘Son de Lúas’ chega a Vilagarcía co mellor folclore arxentino

    RECEPCION_CONCELLOcopy.jpgVILAGARCÍA> A alcaldesa do municipio recibiu ós músicos deste Festival con 50 anos de historia. É a primeira vez que actúan en Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/FESTIVAL_SON_DE_LUAS.flv{/flowplayer}
    O Festival Folclórico de Cosquín, en Arxentina, celebrarase este ano por primeira vez na súa historia unha sede en Galicia. Deste xeito, a capital arousá súmase ás celebracións da 50 edición deste festival. Esta mañá tanto os músicos coma unha comitiva arxentina foron recibidos pola alcaldesa de Vilagarcía e o edil de cultural no concello. Dolores García destacou que se trata dunha oportunidade única para coñecer o folclore do outro lado do atlántico.
    O Auditorio de Vilagarcía acollerá estes encontros hoxe e mañá. As actuacións darán comezo ás nove da noite e a entrada será de balde. A través deste festival, o máis importante de Latinoamérica, trátase de mostrar todo o folclore arxentino o que vai a permitir un intercambio cultural entre Galicia e Arxentina.
    Paralelamente á celebración do Festival, no hall do Auditorio poderase disfrutar dunha exposición de vinte e unha obras do pintor Carlos Bóveda, quen pintou Galicia desde o seu exilio en Bos Aires.
    Redacción Salnés