As oficinas de turismo de Cambados atenderon preto de 20.000 consultas

    turistascambados100_040907.jpgCAMBADOS > Os Servizos Turísticos rexistraron no mes de agosto preto de 20.000 consultas e peticións de información…

    … Segundo a procedencia, os madrileños seguen fieis a Galicia e a Cambados.

    Cambados é un dos destinos preferidos polos turistas madrileños, tal como se desprende do balance de ocupación do mes de agosto realizado polos servizos turísticos municipais. Das consultas feitas ós visitantes nas oficinas cambadesas vese que o 95 por cento dos turistas son de procedencia nacional, e que por comunidades, Madrid representa o 22 por cento. Pero tamén destaca o crecente empuxe doutros mercados como Castela León, Cataluña, País Vasco ou Comunidade Valenciana.

    turistascambados200_040907.jpgO pasado mes de agosto achegáronse polas oficinas de turismo de Cambados unhas vinte mil persoas, o que supón unha recuperación respecto ó ano anterior, cando por mor dos incendios, o retroceso foi dun dez por cento. Tamén mellora as cifras de xullo, augado polo mal tempo. A parte máis substancial dos datos recolleuse nos primeiros 25 días do mes coincidindo cos principais eventos relacionados co Albariño.

    En canto ó perfil, como xa é tradicional, foron as familias e os grupos de amigos os que se decantaron por Cambados. As razóns polas que se decantan pola vila son a oferta turística que representa Santiago e as Rías Baixas, así como coñecer o legado patrimonial, a cultura e as festas.

    Redacción Salnés