Meis volve saír á rúa, agora pola ‘improvisación da Xunta’ ante a xubilación dun dos doutores

MEIS> Meis volve saír á rúa na defensa da súa sanidade. Ducias de veciños concentráronse esta mañá ás portas do centro de saúde da Rochela, reclamando unha atención de calidade. Aos problemas xa habituais, agora hai que engadir a xubilación dun facultativo. E é que, segundo denuncian, a Xunta está improvisando na cobertura desa praza, con médicos por horas e días soltos. No concello non descartan incluso acabar manifestándose en Santiago.

Ducias de veciños atenderon á chamada do Concello de Meis acudindo esta mañá á concentración en defensa da sanidade pública. Tivo lugar diante do centro de saúde da Rochela. O novo problema ao que se enfrontan é a xubilación dun dos doutores deste ambulatorio. Retirouse hai mes e medio e, dende aquela segundo din, a Xunta está improvisando coa cobertura desa praza.

Este novo problema súmase ás outras eivas que veñen denunciando tanto o concello como os veciños dende hai tempo. Entre elas, a falta de servizo de pediatría ou o peche do consultorio de Paradela.

Á alcaldesa parécelle raro que os técnicos de Sanidade si se achegasen a outros municipios, como por exemplo a Barro, tamén para ver o posible emprazamento do centro de saúde, pero non a Meis. A rexedora avanza novas mobilizacións. Tampouco descarta acabar protestando en Santiago.

Giráldez volveuse comunicar con Sanidade a semana pasada, reiterando que están agardando por esa visita ao Concello que, polo de agora, continúa sen data.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí