Dani Oliveras imparte unha ‘masterclass’ ós pilotos do Sqem

motos250_060510.jpgVILAGARCÍA> Un dos maiores especialistas do mundo en trial está en Vilagarcía. Dani Oliveras, está a impartirllles unhas clases de nivel avanzado ós irmáns Verónica e Carlos Miguéns, que este ano volven participar no Campionato de España.

{flowplayer}images/salnes/motos_060510.flv{/flowplayer} 

É un completo descoñecido para todos aqueles que non sigan o trial, un deporte mediáticamente maltratado. Pero o certo é que estamos falando do sexto mellor piloto do mundo nesta especialidade, canda menos así o dice o ranking. Dani Oliveras, catalán de 22 anos, chegou o luns a Vilagarcía, marcharase mañá de volta á súa terra, e entre tanto daralles unhas clases particulares ós xóvenes pilotos do Motoclub Sqem, Carlos e Verónica Miguéns, ambos inmersos na disputa dos Campionatos de España.

A imposibilidade de seguir mellorando por un mesmo nos adestramentos levou ó seu pai a contactar con Oliveras, para que os rapaces dean un salto de calidade nas vindeiras probas, sobre todo na máis próxima que afrontan dentro de pouco en León. Cun par de horas sobre a moto Dani soubo as virtudes e os defectos de ambos á hora de pilotar.

Verónica e Carlos están a vivir unha semana de verdadeiro ensoño, ó lado dun piloto que idolatran e co que están a aprender a gran velocidade.

Despois destes días os tres deberán comezar a pensar nas seguintes carreiras: Verónica e Carlos no Campionato de España, coa proba de León, e Dani Oliveras no Mundial, que fai a súa próxima parada en Xapón.

Redacción Salnés