Tirán álzase en Vilaxoán co Campionato Galego de Traíñas

plantilla_deportes2.jpgVILAXOÁN> Os moañeses lograron gañarlle a partida ó actual líder da clasificación, a pesares de que Amegrove Interrías lles fixo fronte ata os últimos metros da regata. Na tanda final a loita entre ámbalas dúas tripulacións rematou coa vitoria dos de Moaña con menos de dous segundos de vantaxe.

{flowplayer}images/salnes/Trainas_260711.flv{/flowplayer}

Máis de 600 persoas seguiron onte en Vilaxoán o vixésimo oitavo campionato galego de traíñas. E non era para menos. O enfrontamento entre o actual líder da clasificación, ata o momento invicto, Amegrove Interrías e os moañeses da Tirán prometía, e finalmente non defraudou. Na tanda final a loita entre ámbalas dúas tripulacións rematou coa vitoria dos de Moaña con menos de dous segundos de vantaxe.

Tirán chegaba á cita tras unha fin de semana con dúas regatas da ACT en Euskadi, onde o domingo acadou un espectacular cuarto posto en Portugalete. Con todo, e a pesares de ser os favoritos, Amegrove non estaba disposto a caer sen pelexar e a batalla acabou librándose nos últimos metros.

Todo isto sen esquecer a Cabo de Cruz e Chapela, quenes pouco máis puideron facer que observar a superioridade de grovenses e moañeses.

Vilaxoán, pola súa banda non defraudou á súa parroquia, e coas rotacións que introduciu o seu técnico Gelo Tarrío impúxose nunha primeira tanda logo de lidiar con Samertolameu. Esta acabou última na clasificación ó non presentarse ó pesaxe do barco ó rematar a regata.

Vilaxoán gañou e fíxose coa quinta praza, Mecos Mondariz tivo que conformarse coa sexta. Entre Tirán e Amegrove as diferencias sempre foron mínimas. Os de Moaña saíron da última virada con eses dous segundos que mantiveron ata o final. Cabo de Cruz, fíxose coa terceira praza, logo de facer tamén unha moi boa regata, polo que queda á espera dalgunha renuncia para estar no Nacional de Castro.

En canto ó Trofeo Fegar, a regata femenina, Rías Baixas no tivo rival, e volveu a demostrar que este ano tamén é un claro aspirante a gañar a Bandeira da Concha.

 Redacción Salnés