CAMBADOS > O Trofeo Vila de Cambados de fútbol quedouse na casa. O Cambados logrou impoñerse ó Portonovo nos penaltis,…
… despois de acabar o partido con empate a un gol. O cadro de Piscis amosou un bo nivel na primeira metade pero tralo descanso os locais foron superiores. Diego para o Portonovo e Eulogio para o Cambados foron os goleadores do encontro.
O Cambados adxudicouse unha nova edición do Trofeo Vila de Cambados ó superar ó Portonovo no partido disputado o sábado no campo de Burgáns. O alcalde José Manuel Cores Tourís foi o encargado de entregar o trofeo ó capitán. Pero para chegar a esta celebración, non chegou cos 90 minutos de partido. O encontro acabou no templo regulamentario con empate a un gol.
Na primeira metade dominou o Portonovo pero tralo descanso cambiou o guión e os locais demostraron máis consistencia. Aínda así adiantouse no marcador o Portonovo, cun tanto de Diego no minuto 65. A cinco minutos para o final o Cambados lograba o empate cun gol de Eulogio. Nos penaltis, o bando visitante non tivo tanto acerto e fallaron o primeiro e último tiro, mentres que os locais anotaron en catro ocasións, polo o trofeo quedou na casa.
Redacción Salnés