Rianxo será saída e meta da novena edición de ‘Os 100 do Barbanza’

RIANXO> Coa presenza da práctica totalidade dos alcaldes dos sete concellos polos que discorrerá a proba, esta mañá era presentada en Rianxo a novena edición de ‘Os 100 do Barbanza’.

Organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza-Sar, a cita terá os días 22 e 23 de xuño, e está englobada nas Liga Galega e Ibérica de Sendeirismo.

Rianxo será este ano o Concello anfitrión. O municipio será punto de saída e chegada desta proba, un referente xa nas carreiras de ultrafondo en Galicia.

Aínda así, para o inicio da proba, a organización ten preparado este ano unha sorpresa, en colaboración co concello de Catoira

A carreira discorrerá por sete concellos das comarcas do Barbanza e Noia, percorrendo espazos e paraxes singulares  destas dúas bisbarras.

Ademais do aspecto deportivo, a proba busca tamén poñer en valor os principais atractivos desta zona.

A organización agarda completar axiña as 300 prazas dispoñibles. O prazo de inscrición xa está aberto a través da web itrekkers.org.

Ademais da colaboración da totalidade de concellos polos que discorre a proba, a cita conta tamén coa axuda da Mancomunidade Barbanza Arousa e tamén de numerosas empresas da comarca, que coa a súa contribución fan posible o bo desenvolvemento da mesma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí