Louzán cre que o congreso reforza ó PP para recuperar a alcaldía

    louzan100.jpgVILAGARCÍA> Rafael Louzán di que co congreso de Vilagarcía o PP reforza as súas aspiracións á alcaldía.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O presidente provincial do Partido Popular opina que co congreso de Vilagarcía o PP reforza as súas aspiracións á alcaldía.

    O congreso de Vilagarcía, onde participarán aproximadamente 1.300 militantes, celébrase o 12 de xuño, data na que se vai escoller á persoa que pilote o partido ó menos ata as próximas eleccións en 2011. Rafael Louzán cree que esta asemblea vai servir para reforzar a formación, co obxectivo de situala como a alternativa ó actual goberno do bipartito entre PSOE e BNG.

    O líder do PP provincial, asegura que o congreso é unha mostra de que o Partido Popular está vivo e activo na capital arousá. Louzán afirma que ante a situación de desgoberno que se vive en Vilagarcía dende 2007, o PP aspira a recuperar a alcaldía despois de 20 anos.

    O político de Ribadumia, fai estas declaracións despois de que Tomás Fole e Javier Puertas presentaran as súas candidaturas para presidir o partido na capital do Salnés. Louzán destaca que aínda haberá que esperar a que se esgoten os prazos para saber se aparece ou non un terceiro candidato, dado que ata o día 21 está aberto o prazo para presentar os avais.

    O líder dos populares de Pontevedra, entende que é o momento de conseguir un partido cada día máis forte e vital, e se mostra convencido de que é posible gañas as eleccións municipais. Na actualidade, o PP é o principal partido da oposición de Vilagarcía, con 7 concelleiros, os mesmos que o PSOE que necesitou do BNG para manterse na alcaldía.

    En canto ó candidato a alcalde, Louzán sinala que se formará o mellor equipo posible, pero que nestes momentos no que se está traballando non é na designación do candidato, senón do presidente local. Sobre o que non fixo valoracións o presidente provincial dos populares, foi as candidaturas provinciais.

    Dende distintas fontes indicouse nalgunha ocasión, que Puertas é o candidato mellor visto pola dirección provincial do partido. En canto a Fole, conta co apoio de Marta Rodríguez e a maior parte dos concelleiros populares.

    Redacción Salnés