Amegrove culmina en Vilaxoan un pleno de victorias histórico

SALNÉS> Rematou a Liga Galega coas dúas últimas regatas de Ferrol e Vilaxoán. Non houbo sorpresas e Amegrove venceu nas dúas probas anotándose un pleno de victorias nunha liga que se leva por segundo ano consecutivo.

Histórico o de Amegrove. Os de Porto Meloxo foron quen de completar a temporada perfecta e levarse a Liga Galega vencendo en tódalas regatas, un total de 17. Nas últimas dúas, en Ferrol e Vilaxoán, non cambiou o conto de todo o ano. Chapela tentou dar guerra nos primeiros tres longos pero a superioridade da Pabliño fíxose notar a partir da terceira ciavoga. Cabo de Cruz, seguíu no seu papel e rematou terceira en ambas probas.

Unha das batallas da fin de semana era a que ían librar Vilaxoán e Meira polo cuarto posto da táboa. Finalmente Samertolameu levouse ó gato ó auga pese a que Vilaxoán logrou ser cuarta diante da súa afección.

A outra loita estaba entre Perillo e Mecos polo sexto posto. Os de Rons lograron chegar á última regata empatados logo de sumar dous puntos máis en Ferrol, pero a traíña de Oleiros, nunha soberbia última regata foi sexta e reteu a posición que defendía.

Por abaixo a gran fin de semana de Mugardos relegou ó penultimo posto a Rianxo. Puebla mantívose con apuros e pechou a liga undécima.

En Vilaxoán clausurouse a liga nun acto repleto de autoridades no que tamén se repartiron os galardóns ó mellor patrón do ano, que recaeu en mans de Francisco Romero, de Rianxo, o mellor piqueiro, Gustavo Vázquez, de Cabo, e o equipo revelación que foi para Vilaxoán. Ademais, a embarcación Rías Baixas proclamouse vencedora da Liga Femenina por diante da Cabana e Vilaxoán.

Redacción Salnés