Portosín acollerá do 1 ó 5 de maio o Campionato de España da Clase Ilca 4

PORTO DO SON> A elite da vela nacional darase cita novamente nas instalacións do Real Club Náutico de Portosín. Será do 1 ó 8 de maio coa disputa do Campionato de España da Clase Ilca 4.

Na proba, presentada esta mañá,  tomarán parte uns 150 regatistas chegados dende diferentes clubs de todo o ámbito nacional de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos. Todos eles pelexarán por facerse co título nacional.

Dende o Náutico sonense parabenizáronse pola elección por parte da Real Federación Española de Vela das súas instalacións para poder acoller este tipo de probas do máis alto nivel, agradecendo tamén ás empresas patrocinaroras, en especial ó seu socio de honra, o empresario Ramiro Carregal, a súa colaboración facendo posible levala a cabo.

Para Concello sonense esta regata suporá tamén un gran escaparate para dar a coñecer as enormes potencialidades que presenta o municipio.

O día 1 terá lugar a cerimonia de inauguración, para desenvolver os días 2 e 3 as probas clasificatorias.

Os días 4 e 5 están reservados para a final, nos que se decidirán ós campións de España desta disciplina, tanto en homes coma en mulleres.