O Extrugasa cae sen paliativos ante o Olesa vítima do cansancio

baloncesto250_171108.jpgVILAGARCÍA > A sorte non lle sorríu nin a Extrugasa nin a Inelga. As rapazas de Isaac Fernández notaron en exceso o cansancio acumulado pola viaxe entre semana a Italia e caeron con contundencia ante o Olesa Español. Os de Juan Espiñeira tamén perderon na casa co Estela.

Este é o prezo que ten que pagar este ano o Extrugasa por xogar en competición europea. O ano pasado a profundidade de banquiño era maior, agora o peso dos minutos e das viaxes nótase.

Esa foi a razón principal pola que as vilagarciáns non puideron colleitar un bo resultado o sábado ante o Olesa. Estiveron ben en defensa pero moi desacertadas en ataque, sobre todo as xogadoras exteriores, que non foron quen de anotar na primeira metade nin un so punto.

Pese a todo, o Extrugasa mantívose con vida ata mediado o terceiro cuarto, cando chegaron a estar a tres puntos do Olesa 31-34. Ahí, tras ir todo o partido por detrás, semellaba que o encontro podía dar un xiro. Pero nada máis lonxe da realidade.

Acabáronse as forzas, cometeron mil e unha perdas de balón e baixaron irremediablemente o pistón en defensa para acabar caendo por 17 puntos de diferencia (48-65), castigo excesivo.

Bo debut en Fontecarmoa da pívot norteamericana Mandisa Stevensson que fixo 13 puntos.

Con todo, van ter que espabilar en Liga se é que non queren pasar apuros este ano. Continúan cuartas por abaixo.

Tamén caeu o Inelga desta volta co estela por 72-8. Partido que foi igualado ata prácticamente o minuto final. Ahí, con 70-72 no marcador, unha decisión arbitral bastante controvertida supuxo unha técnica a Juan Mato, que os visitantes aproveitaron para cos tiros libres e a posesión posterior finiquitar o encontro. Os de Juan Espiñeira son tamén cuartos pola cola na EBA.

Redacción Salnés