![]()
SANTIAGO> A moza ourensá Clara Mínguez faleceu onte á tarde ó non lograr recuperarse das graves feridas sufridas no choque ocorrido en Caldas.
{flowplayer}images/salnes/nova_vitima_caldas.flv{/flowplayer}
SANTIAGO> A moza ourensá Clara Mínguez non logrou recuperarse das graves feridas sufridas no choque ocorrido en Caldas o pasado xoves. A primeira hora da tarde de onte faleceu no Hospital Clínico de Santiago, a onde a trasladaron en helicóptero o mesmo día do accidente ante a gravidade das súas lesións.
Durante unha semana estivo intubada e inconsciente na unidade de coidados intensivos no centro compostelá e onte o seu estado empeorou.
O saldo do tráxico suceso ocorrido na N640 en San Andrés de Cesar suma xa catro vítimas mortais. Todos estudantes da Universidade de Santiago e menores de 20 anos. Lorena Picallo, natural de Caldas, conducía o coche, un día despois de obter o carné. De feito, a Garda Civil apuntaba á falta de pericia da moza como posible causa do accidente. No choque tamén perderon a vida dous dos ocupantes do asento traseiro: Andrés Aldao, de Marín, e a pontevedresa María Isabel Meijón. Clara, a moza ourensá tamén ía no asento de atrás.
No coche viaxaba de copiloto o mozo de Lorena, Cristian Portas, de 20 anos e natural de Meis. Continúa ingresado na Unidade de Coidados Intermedios (pre-UCI), do Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra. O mozo sufriu un traumatismo craneoencefálico e outro torácico – abdominal, pero está fóra de perigo.
Redacción Salnés








