A Anpa do CEIP de Corvillón dota ao centro dun desfibrilador grazas á venda de máis de 800 chaveiros

CAMBADOS> A Anpa do Ceip de Corvillón de Cambados consegue recadar os cartos necesarios para dotar ao centro dun desfibrilador. As nais e pais consideran que con este dispositivo médico non só están máis seguros os seus fillos, se non tamén os veciños da zona ao tratarse dun centro situado no rural. Esta non é a primeira iniciativa que levan a cabo dende a Anpa para mellorar o centro, xa que co traballo das nais e os pais renovouse a biblioteca, pintáronse as paredes dos corredores e mudouse a tarima nalgunha aula.

Con enxeño, traballo e moitas ganas, os membros do Anpa do Ceip de Corvillón de Cambados conseguiron dotar ao centro dun desfibrilador. Para conseguilo, as nais e pais estiveron durante varios meses creando chaveiros que vendían por tres euros. O seu traballo traduciuse en 840 chaveiros, o que se traduciu en máis de mil euros, os cartos suficientes para dotar ao centro do dispositivo médico.

As nais e pais consideran que é importante para protexer aos seus fillos en caso de emerxencia pero tamén para axudar a veciños da zona, xa que se atopan nunha zona rural.

Durante varios meses, os membros do Anpa pasaron as tardes elaborando chaveiros personalizados.

A iniciativa da Anpa non é nova do centro, xa que grazas ao traballo das nais e pais renovouse a biblioteca, se pintaron as paredes dos corredores e se mudaron as tarimas nalgúns espazos.

A Anpa contou coa colaboración do concello e da Xunta nalgunhas obras, aínda que os proxectos deberían ser financiados pola consellería, dende a Anpa sinalan que están contentas de facelas elas mesmas, xa que así melloran o colexio dos seus fillos á vez que lle dan exemplo.

Os retos das nais destro centro non terminan só aquí, dende a Anpa queren mellorar os baños e apoiar á dirección co seu proxecto de renovación e naturalización do patio do centro. A venda de chaveiros aínda está aberta a través da páxina de facebook da asociación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí