CALDAS> Aínda que as adegas vexan afectadas as súas vendas, o traballo de elaboración dos viños non se detén. Moitas adegas atópanse nestes momento no proceso final de elaboración dos seus caldos. As marcas tamén aproveitan estas época do ano para continuar cos seus traballos de estudo e investigación.
O gran descenso das vendas, non frea o traballo das adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Para moitas marcas, as tarefas desta época son esenciais para o futuro dos seus viños. Algunhas adegas modificaron as súas estratexias para combater os efectos económicos do Covid- 19. Das que continúan con normalidade, moitas atópanse nas últimas etapas de elaboración dos seus caldos.
Este proceso é o máis importante, xa que o viño adquire as condicións necesarias para o seu consumo.
As adegas están traballando nestes momentos coas colleitas do 2019. Unhas colleitas na que os viticultores non puideron aproveitar toda a produción que agardaban.
Aínda así as colleitas do 2019 están a producir uns viños de gran calidade.
No caso da adega Lagar da Condesa a súa oferta é de tres viños diferentes. A elaboración de cada caldo depende das fermentacións e do tempo de crianza, período no que se produce un enriquecemento e aumento adicional do carácter e da complexidades do viños.
Cada adega decide como realizar os seus traballos de elaboración para xerar un viño diferente. A cantidade producida dependerá da demanda do mercado.
As adegas tamén aproveitan para realizar nesta épocas estudos e investigacións tanto no campo como nos laboratorios.
O obxectivo é conseguir reducir o máximo posible a utilización de produtos químicos.
Unha vez rematada esta etapa de elaboración procederase ao embotellamento. Posteriormente a este procedemento, os viños reposarán durante meses antes de saír á venda.