Os turistas pasean polo Grove ignorando o Estado de Alarma polo coronavirus

O GROVE> A mensaxe está clara: para frear o avance da pandemia, quedar na casa e o illamento social é a medida máis eficaz. Aínda que sexa día festivo.

A pesares disto, aumenta o número de denuncias impostas nos concellos polas persoas que deciden saltarse as restricións do Estado de Alarma sen xustificación. Onte, foi Día do Pai e a Policía Local e a Garda Civil emitiron ata cinco denuncias no Grove.

Todas eran persoas que se achegan á vila a pasar a ponte nas súas segundas residencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí