O BNG pide no Parlamento a retirada dos depósitos de Ferrazo

    bng_depositos_ferrazo100.jpgVILAGARCÍA> O BNG reclama á Xunta que cumpra a sentenza xudicial e traslade os depósitos que hai no peirao de Ferrazo.

    {flowplayer}images/salnes/bng_depositos_ferrazo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O BNG reclama á Xunta que cumpra a sentenza xudicial e traslade os depósitos de hidrocarburos que hai no peirao de Ferrazo, no porto de Vilagarcía.

    Os nacionalistas presentaron unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que se inste á Xunta a dirixirse ó Goberno central para adoptar medidas precisas e retirar fóra do porto de Vilagarcía os depósitos de hidrocarburos. Tamén lle demandan ó goberno autonómico que solicite a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos nesta ría.

    O deputado autonómico Bieito Lobeira advirte que a súa instalación no porto de Vilagarcía representa unha ameaza e un risco inasumible para a ría de Arousa, que destaca como unha das máis produtivas de Europa. Considera que os depósitos son altamente perigosos para as case 26 mil persoas que viven directamente dos complexos pesqueiro, marisqueiro e turístico.

    Lobeira lembra que a Sala do Contencioso do Tribunal Supremo emitiu sentencia firme na que declara ilegais os depósitos do Ferrazo, por teren sido tramitados sen a preceptiva declaración de impacto ambiental. Deste xeito, anúlanse as resolucións da Consellaría de Industria do ano 2000, que autorizaban a súa instalación. Recorda tamén que a sentenza recoñece que a presenza destes depósitos no seu emprazamento actual podería provocar contaminación nas augas da ría de Arousa e da atmosfera, así como a degradación da riqueza mariña.

    Ante isto, o BNG presentou unha proposición non de lei no Parlamento, na que reclama o cumprimento desta sentencia e a retirada dos depósitos da ría de Arousa.

    Redacción Salnés